📗 Libro en gallego AS MALAS MULLERES

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491515975

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS MALAS MULLERES

PREMIO BLANCO AMOR 2020 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do“mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491515975

Idioma: Gallego

Número de páginas: 250
Tiempo de lectura:
5h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/02/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 424
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 317.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Marilar Aleixandre


Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.
Descubre más sobre Marilar Aleixandre
Recibe novedades de Marilar Aleixandre directamente en tu email

Opiniones sobre AS MALAS MULLERES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana