ORESTE.- (...) Eu quero ser un rei sen terra e sen súbditos. Adeus, homes de meu, tentade vivir: todo é novo aquí, todo volve comezar. Tamén para min comeza a vida. Unha estraña vida. Escoitade aínda isto: un verán, en Scyros, inzaron os ratos. Era unha peste noxenta, os ratos rillábano todo, os habitantes da cidade coidaron morrer de noxo. Mais, un día, chegou un frautista. Púxose en pé no mesmiño centro da cidade deste xeito. (Ponse de pé).
Botouse a tocar a frauta e tódolos ratos se viñeron xuntar ao pé del. Logo púxose en marcha ás alancadas, deste xeito (desce do pedestal) berrándolles ás xentes de Scyros: "Afastádevos!" (A xente afástase) E tódolos ratos ergueron o fuciño hesitando como fan agora as moscas. Reparade! Reparade nas moscas! E logo, de socato, precipitáronse após del. E o frautista desapareceu cos seus ratos para sempre. Deste xeito
Ficha técnica
Traductor: Xosé Manuel Beiras
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484871446
Idioma: Gallego
Número de páginas: 109
Tiempo de lectura:
2h 30m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Especificaciones del producto
Escrito por Jean-Paul Sartre
París, (1905-1980). Jean-Paul Sartre, filósofo y escritor, fue un precoz lector de los clásicos franceses. Su amistad con Paul Nizan, su relación con Simone de Beauvoir y su viaje a Alemania, donde entró en contacto con la filosofía de Heiddeger, resultaron decisivas en el posterior devenir de su obra. En la década de los treinta se convirtió en el símbolo del existencialismo francés, para más tarde iniciar un acercamiento receloso al comunismo. Siempre desde una posición rebelde, en sus últimas creaciones propuso una reconciliación del materialismo dialéctico con el existencialismo.