AS VIAXES DO PRINCIPE AZUL (6ª ED.)

GALAXIA - 9788482884035

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de AS VIAXES DO PRINCIPE AZUL (6ª ED.)

A historia dun príncipe farto de ser príncipe. Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer méritos entre fadas, dragóns e princesas. Faraos. Ides ver como.

Ficha técnica


Ilustrador: Xoan Balboa

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788482884035

Idioma: Castellano

Número de páginas: 102

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo
Alto: 17.0 cm
Ancho: 12.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Darío Xohán Cabana


Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.
Descubre más sobre Darío Xohán Cabana
Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email

Opiniones sobre AS VIAXES DO PRINCIPE AZUL (6ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana