Sinopsis de ASUBIO, FINA E PETRA, XENTE MOI LARETA
O merlo Asubío e as mazás Fina e Petra viven nunha horta da cidade de Megasoños. A horta é un lugar fermoso onde a Natureza loce as súas mellores cores, que o aire se encarga de repartir entre as árbores, os froitos e os paxaros. O dono da horta, levado polas ansias de poder e polo desexo de enriquecerse, acaba coa vida da horta e, con ela, coa alegría da propia.
Ficha técnica
Ilustrador: Meixide Andrés
Editorial: Everest
ISBN: 9788440305251
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/12/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
Montaña Encantada Galego
Montaña Encantada Galego
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Vázquez Pintor
Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).