📗 Libro en gallego ASULAGADAS

SUSO DIAZ

EDICIONS POSITIVAS S.L. - 9788412475470

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de ASULAGADAS

Após 30 anos do asulagamento (8 de xaneiro de 1992) do noso marabilloso val do Limia, este é o meu tributo á súa memoria e a das súas xentes. Comezo aclarando que ASULAGADAS publícase no galego que falamos no val do Limia (comezando polo título), ou no que conseguín recordar, en boa medida, coa axuda de meus pais. ASULAGADAS contén 101 poemas (pois, considero que é un libro inacabado, sigo escribindo sobre o val e agardo facelo moito tempo), cun total de 2965 versos. Ao principio ían ser 99 poemas, mais, entre tanto, apareceu un poema dedicado a Buscalque, escrito hai bastantes anos, e quixen incluílo; ao que sumei un poema curto, cunha sutil carga erótica, froito dunha conversa co meu prezado amigo e veciño, (O Manoliño) de Cimadevila de Ludeiros, que comentando sobre o libro e a nosa infancia, preguntoume se non me acordaba das galletas afogadas en auga que comiamos en Aceredo mentres agardabamos para ir ao grupo a Lobios, e que eu infelizmente tiña esquecido. O libro, en certa maneira, levábao dentro, mais por unhas razóns ou por outras ía demorando a súa escrita, ata que no outono do ano 2018, unha vez máis, o encoro volveu deixar ao descuberto boa parte das aldeas, principalmente de Aceredo. Pedro, o noso fillo, insistíalle a súa nai que quería ir ver a que fóra a súa aldea. Foi naquela visita cando escribín o poema “Aceredo”, que está no libro que lle dediquei a el, “PEDRO”; e ese mesmo día escribín outro poema que vai en ASULAGADAS, e se titula “Resistir ollando na memoria”. Despois xa foi un non parar ao longo dun ano, máis ou menos, que me levou escribir a maioría dos poemas, pois, algúns xa os tiña escrito tempo atrás.

Ficha técnica


Editorial: Edicions Positivas S.L.

ISBN: 9788412475470

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/09/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: España
Número: 67
Alto: 22.0 cm
Ancho: 11.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ASULAGADAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana