AUTOVIAS GALEGAS: CRONICA DUNHA FARSA

XERAIS - 9788483023860

Sociología Sociología de España

Sinopsis de AUTOVIAS GALEGAS: CRONICA DUNHA FARSA

A batalla política polas autovías comezou no ano 1986 cando o Congreso aprobou o Plan Xeral de Estradas 1984-1991, prevendo a construcción dunha rede de vías rápidas que comunicaría a tódolos territorios do Estado, excepto Galicia. Na exposición de motivos do Plan xustificábase a non inclusión na rede de autovías dos territorios, as cordais e serras peninsulares e �Galicia en xeral�. Manuel Monge, diante deste feito, que contemplaba a construcción de 3.250 km de autovías en todo o Estado e só 30 km en Galicia, decidiu escribir esta crónica dun longo proceso de reivindicación colectiva e social de infraestructuras de comunicación para unir Galicia con Europa. O Parlamento Galego aprobou en 1990 unha iniciativa na que se esixía a finalización da construcción das autovías de enlace coa Meseta en 1993. Desde aquela, a sociedade galega asistiu ao anuncio de sucesivos aparazamentos na execución das obras das autovías galegas; o Goberno Central e a Xunta de Galicia víronse implicados nunha escalada de atrasos e sucesivas demoras que malograron as expectativas da súa rápida finalización. Manuel Monge reconstrúe neste documentado libro todo o debate político sobre a construcción das autovías, faise eco da frustración da opinión pública causada polos reiterados atrasos e autoxustificacións das Administracións, e ofrécelles ós lectores as claves para entender a construcción das autovías galegas como a crónica dunha farse pero tamén como un compromiso cidadán irrenunciable e inaprazable por máis tempo. O libro, que recolle abundante información gráfica e documental, finaliza analizando as contribucións da Unión Europea ao financiamento das autovías (con especial atención á distribución dos Fondos Estructurais e de Cohesión que recibe Galicia da Unión Europea), e as perspectivas do desenvolvemento do tren de alta velocidade que mellore as comunicacións de Galicia, co resto do estado, con Portugal e con Europa. Para Camilo Nogueira, autor do limiar do libro �este libro de Manuel Monge é o producto dunha preocupación política admirábel e dun serio traballo de anos. Sae como testemuño daquela batalla a prol das autovías e como aguillón para continuala�.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023860

Número de páginas: 184

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/05/2001

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Vigo
Peso: 233.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Monge


Descubre más sobre Manuel Monge
Recibe novedades de Manuel Monge directamente en tu email

Opiniones sobre AUTOVIAS GALEGAS: CRONICA DUNHA FARSA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana