Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de Xerais Fóra de Xogo, viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.
Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de As aventuras do capitán Thunderskin, a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas ) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483028582
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/09/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Es
Peso: 150.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Jaureguizar
Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.