📗 Libro en gallego BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE

XERAIS - 9788483028582

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE

Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de “Xerais Fóra de Xogo”, viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick. Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de “As aventuras do capitán Thunderskin”, a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028582

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/09/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Peso: 150.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Jaureguizar


Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.
Descubre más sobre Jaureguizar
Recibe novedades de Jaureguizar directamente en tu email

Opiniones sobre BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana