Ianes, un rapaz do castrelo do Viso entregado para criado no mosteiro de Samos, foxe ao sur do Douro, á ôTerra de ninguénö, para que non o condenen por un crime que non cometeu. Un relato adornado cun mapa de Martinho Picallo e con debuxos de Héitor Picallo Fontes, ambientado na Gallaecia do século VIII, en que se encadrela a intriga histórica coas viaxes, a arte, as relixións, a política, a medicina, as linguas e a identidade.
Ficha técnica
Ilustrador: Héitor Picallo Fuentes
Editorial: Edicións Morgante
ISBN: 9788419040190
Idioma: Gallego
Número de páginas: 234
Tiempo de lectura:
5h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/04/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
Mudanzas
Mudanzas
Número: 40
Alto: 21.5 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé-Henrique Costas González
Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.