Un cineasta exiliado decide retornar ao país decadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamen volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito. Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima, Premio Blanco-Amor 2016, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa o lector.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491510499
Idioma: Gallego
Número de páginas: 260
Tiempo de lectura:
6h 9m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/03/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 358
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre BLUES PARA MORAIMA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!