O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desapareci-do, desenvolveron en Cabalos de vento. Curros de pedra un inédito proxecto de creación visual: o de recoller en fotografía e debuxos a xornada dun curro. O resultado é este formidable e impactante volume de coidadísima edición, onde as fotografías en branco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textos poéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negro acibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas na mañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até as tarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, este libro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feito nunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa das bestas.O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desapareci-do, desenvolveron en Cabalos de vento. Curros de pedra un inédito proxecto de creación visual: o de recoller en fotografía e debuxos a xornada dun curro. O resultado é este formidable e impactante volume de coidadísima edición, onde as fotografías en branco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textos poéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negro acibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas na mañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até as tarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, este libro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feito nunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa das bestas.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829557
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/04/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Alto: 26.0 cm
Ancho: 18.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 758.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Teniente
Xavier Teniente (Vigo,1968) comezou o seu traballo como fotógrafo profesional no xornal Atlántico Diario e posteriormente en Faro de Vigo. Na actualidade traballa como fotógrafo independente. Realizou reportaxes en Mauritania, Tanzania, Mozambique, Honduras, Ecuador, Kosovo, Timor, India, Iraq. As súas fotografías foron publicadas nalgunhas das revistas e periódicos máis importantes de España (Planeta Humano, Interviu, Magazine, La Vanguardia, El Mundo, El Semanal, Geo ). Realizou as exposicións, individuais, Emergencias Humanitarias (2000/1), Mans salgadas (2003) e participou nas mostras colectivas Imágenes por la dignidad (2000), selección de corenta fotógrafos de prestixio internacional como Sebastiao Salgado ou Christine Spengler; Fotobienal de Vigo (2000); Photoespaña (2000); Exposición na Robert Miller Gallery de Nova York (2002) en beneficio das comunidades marxinais, coa participación de fotógrafos e artistas de todo o mundo. Publicou os seguintes libros fotográficos: La Ruta Iluminada (2000); Emergencias Humanitarias (2001), en colaboración con Médicos del Mundo; Mans Salgadas (Xerais 2002), Iraq. Días de posguerra (Xerais 2003) e Cabalos de vento. Curros de pedra (Xerais 2009), en colaboración co pintor Xosé Guillermo.