leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego CABALOS E LOBOS

Edicións Xerais - 9788499148366

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CABALOS E LOBOS

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499148366

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/04/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 301.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por FRANCISCO PEREZ LORENZO


Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973) é xornalista, da primeira promoción de profesionais formados na universidade galega, e dedícase á información cultural nas páxinas de El Correo Gallego. Traballou para os dous diarios en lingua galega (O Correo Galego e Galicia Hoxe) e participou na fundación e posta en marcha do dixital Dioivo (2012-2013). Posgrao en xestión cultural pola Universitat Oberta de Catalunya, mantén o blog Un país en lata (www.unpaisenlata.org). Cabalos e lobos (Xerais, 2015) a súa primeira novela, recibiu en 2014 o XXXII Premio Blanco Amor.
Descubre más sobre FRANCISCO PEREZ LORENZO
Recibe novedades de FRANCISCO PEREZ LORENZO directamente en tu email

Opiniones sobre CABALOS E LOBOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana