📗 Libro en gallego CALDO DE MARES PARA HOMES LIBRES

XERAIS- 9788497820127

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CALDO DE MARES PARA HOMES LIBRES

O Santa Lilaina, un clíper portugués de feitoría americana, navegaba de bolina con tódalas velas inchadas como se estivesen preñadas do vento alisio. Procedía de Lisboa e levaba á Habana mercadorías e pasaxe. Na ponte de mando, ó socaire dun pendello de lona, dous homes falan moi preto do temoneiro, que mantiña o rumbo coa roda do leme amarrada, marcando a liña que lle mandaba a bitácora. Dous homes que adaptaran o ritmo das súas vidas ó propio do mar e da navegación de vela, que non se guía máis que polos fenómenos da natureza. Un, a quen unha cicatriz lle partía a cara e o deixaba convertido en cíclope dun só ollo, é o capitán, o portugués Nuno de Alencastre. O outro, que confesa ter sido cociñeiro de buques corsarios, filibusteiros e negreiros, é un fillo das terras de Soutomaior, Amaro Piñeiro, o Padiola, o creador e divulgador de moitos pratos que hoxe se coñecen no Caribe e noutras terras como comida popular ?Caldo de mares para homes libres? de J. A. Xesteira é unha novela de intenso alento narrativo, onde se mestura sabiamente a aventura, a gastronomía eas peripecias dun tempo que pasou, aquel no que algúns homes navegaban nun mar libre, en pé de igualdade cos demais homes libres, en loita aberta con quen intentara poñerlles muros no mar. Unha importante novela galega do mar, impregnada de sabor tropical e cosmopolita, que recupera a esquecida memoria dos irmáns da costa que navegaron baixo a bandeira negra da liberdade.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497820127

Idioma: Gallego

Número de páginas: 244
Tiempo de lectura:
5h 46m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/07/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por J. ANGEL XESTEIRA


J.Ángel Xesteira (Redondela, 1946) estudou a carreira de Periodismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, onde obtivo o título en 1972. Incorporouse á redacción de Faro de Vigo en 1975, onde chegou a ser redactor xefe. Fai crítica de cine desde hai máis de vinte anos e mantivo durante moito tempo columnas de opinión sobre temas políticos e sociais. Actualmente colabora semanalmente en Diario de Pontevedra. Como narrador deuse a coñecer con dous relatos, ``Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e ``O manuscrito atopado en Ramallosa´´, publicados no volume colectivo ``Phiccións´´ (Xerais 2000). Logo publicou as novelas ``Blues da ría´´ (Xerais 2001) e ``Caldo de mares para homes libres´´ (Xerais, 2003); e os libro de relatos ``Acompáñoo no sentimento´´ (Xerais 2001) e ``Contos de familia´´ (Xerais 2005). É co-autor, xunto con Luis Borines, do álbums de postais ``A memoria de Redondela´´ (Xerais 2001).
Descubre más sobre J. ANGEL XESTEIRA
Recibe novedades de J. ANGEL XESTEIRA directamente en tu email

Opiniones sobre CALDO DE MARES PARA HOMES LIBRES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana