Este libro é unha longa entrevista con Camilo Nogueira, un dos máis claros intérpretes do nacionalismo político na actualidade. Tamén é a historia da reconstrucción do nacionalismo galego durante o franquismo e un repaso ós retos da nosa sociedade contemporánea.Pero hai algo poliédrico nestas páxinas. Durante os dous anos da súa elaboración, o autor dedicouse a buscar documentación e a conseguir a voz de destacados protagonistas que relatan feitos e manifestan as súas opinións.Este libro non tería o valor que ten se non fose pola xenerosidade e o testemuño de: Fernando Acuña, Xesús Alonso Montero, Alfonso Álvarez Gándara, Xosé Manuel Beiras Torrado, Manuel Caamaño, Manuel Currás Meira, Ceferino Díaz, Francisco Fernández del Riego, Xosé Manuel García Crego, Xosé González, Anxo Guerreiro, Henrique Harguindey, Xosé Antón Iglesias, Manuel Lima, Paz López Facal, Xoán López Facal, Xoaquín López Facal, Claudio López Garrido, Francisco Lores, Pedro Luaces, Fernando Martínez Randulfe, Xosé Luís Meilán Gil, Xosé Luís Méndez Ferrín, Domingo Merino, Ramón Piñeiro, Aurora Plata, Avelino Pousa Antelo, Antón Santamarina, Pencha Santasmariñas, Carlos Vázquez, Xosé Vilas Nogueira e Francisco Vizoso.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475076010
Número de páginas: 386
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 1991
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.