📗 Libro en gallego CAMIÑAR O VIGO VELLO

Un paseo pola historia da cidade

Edicións Xerais - 9788491213260

Historia local de España Galicia

Sinopsis de CAMIÑAR O VIGO VELLO

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos -nalgúns casos inéditos a día de hoxe-. Pero en realidade este libro é outra cousa...É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos -nalgúns casos inéditos a día de hoxe-. Pero en realidade este libro é outra cousa...É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491213260

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/03/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Alto: 21.0 cm
Ancho: 16.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 313.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Pedro Feijoo


Pedro Feijoo
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025). Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás. Fotografía do autor: Xurxo Lobato
Descubre más sobre Pedro Feijoo
Recibe novedades de Pedro Feijoo directamente en tu email

Opiniones sobre CAMIÑAR O VIGO VELLO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana