O lector acompaña a un grupo de busca-fortunas ata os límites das súas vontades, prisioneiros da selva. Unha novela sobre a cobiza dos homes que se deixan deslumbrar polo fulgor dos diamantes e que se acaban transformando nuns seres alucinados, sen conciencia da súa dignidade humana, encarcerados nun auténtico labirinto vexetal.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482886282
Idioma: Gallego
Número de páginas: 276
Tiempo de lectura:
6h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/03/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Alcalá
Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.