Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen "case perfecto" ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificadosUn científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen "case perfecto" ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificados
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497825306
Idioma: Gallego
Número de páginas: 296
Tiempo de lectura:
7h 1m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/04/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 441.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Marina Mayoral
Marina Mayoral nacida en Mondoñedo, é catedrática de literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Entre os seus traballos de investigación e crítica literaria destacan os estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como as análises de poesía e prosa contemporánea. Colabora habitualmente en La Voz de Galicia. Publicou en galego os libros de narrativa: Contra morte e amor (Xerais 1987), novela; Unha árbore, un adeus (1988), novela; O reloxio da torre (1988), novela; Chamábase Luís (Xerais 1989, 1999), novela, Premio Losada Diéguez, 1989; Tristes armas (Xerais 1994), novela; Querida amiga (1995, relatos; Premio Losada Diéguez, 1996); Ao pé do magnolio (2004); Case perfecto (Xerais 2007), novela; Quen matou a Inmaculada de Silva? (Xerais 2009), novela; e O anxo de Eva (Xerais 2013), novela. En castelán: Cándida, otra vez (1979), Al otro lado (1980), La única libertad (1982, 2002), Contra muerte y amor (1985), Morir en sus brazos (1989), Recóndita Armonía (1994), Se llamaba Luis (1995), Dar la vida y el alma (1996), Recuerda cuerpo (1998), La sombra del ángel (2000), Tristes armas (2001), Querida amiga (2001), Bajo el magnolio (2004), Sólo pienso en ti (2006), Casi perfecto (2007) e Deseos (2011). Algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués polaco e chinés.