📗 Libro en gallego CIDADES

XERAIS - 9788483020937

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de CIDADES

Cidades configúrase como un libro singular, de forte personalidade, unha auténtica guía poética das cidades do corazón. Un tratado de urbanismo poético. Unha cartografía urbana crítica e esperanzadora. Intimista, entrañable, o libro deita unha ollada tenra e rebelde sobre as cousas e sobre a vida desde a óptica da infancia e da adolescencia. Cidades aposta por unha literatura infantil vitalista e vigorosa, que non elude os aspectos máis difíciles da realidade, abordándoos coa máxia e a tenrura da palabra poética. Cidades, un libro para lectores de 11 anos en diante, engaiolará o público adulto.

Ficha técnica


Ilustrador: Pablo Otero

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483020937

Idioma: Gallego

Número de páginas: 64

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Alonso


Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Descubre más sobre Fran Alonso
Recibe novedades de Fran Alonso directamente en tu email

Opiniones sobre CIDADES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana