📗 Libro en gallego CODIGO MORSE

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498652581

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CODIGO MORSE

Nesta novela, Xavier Alcalá adentrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventuras polo mundo, de guerra e posguerra, de mudanzas sociais ata chegar case ao presente. Cambios sociais que fixeron abalar aquel universo aparentemente tranquilo da vida de pazo. O seu protagonista, un físico que só cre no que se pode formular e medir, conta unha historia de misterios, informulables e inmedibles. Xavier Alcalá descobre en Código morse a existencia dun segredo gardado por unha familia ao longo das xeracións, desde os tempos dun antepasado corsario. Un segredo cuxo coñecemento excita cobizas e mesmo leva ao crime. Un código e unha píntega mítica, que resiste ao lume, levan a mente cartesiana do narrador a resolver este enigma apaixonante. Segundo o crítico Xose Antonio Ponte Far, prologuista da primeira edición da obra, Código morse e "unha novela sólida, de longo alento e amplo percorrido, consistente na súa exposición e ben resolta, de doada lectura e contido interesante...".

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498652581

Idioma: Gallego

Número de páginas: 340
Tiempo de lectura:
8h 5m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/04/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Número: 282
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Alcalá


Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
Descubre más sobre Xavier Alcalá
Recibe novedades de Xavier Alcalá directamente en tu email

Opiniones sobre CODIGO MORSE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana