Sinopsis de COLECCION DIPLOMATICA ALTOMEDIEVAL DE GALICIA I (662-1234)
Galicia é probablemente unha das comunidades autónomas que conta cun maior volume de documentación conservada para o período medieval do noso país. Con todo, estes fondos non mereceron tanta atención como os doutras zonas, polo que o volume de documentación inédita é alto e o de documentación editada insuficiente, o que nos impide poder contar con toda a información histórica que se conservou así como realizar un estudo en profundidade da evolución dos tipos escrituarios na nosa terra.
Poder recompilar toda esta documentación nunha única publicación homoxénea dos documentos altomedievais galegos é unha tarefa inxente que se ha de facer paso a paso, contando coa dificultade da gran dispersión das fontes entre arquivos galegos, nacionais e estranxeiros, ademais das coleccións particulares. Este traballo pretende ser un primeiro paso que, unido ás coleccións diplomáticas dos principais mosteiros e catedrais galegas coas que xa contamos, tenta unificar a produción documental altomedieval da nosa terra. Un primeiro paso que recolle os pasos anteriores
Ficha técnica
Editorial: Toxosoutos
ISBN: 9788415400066
Idioma: Castellano
Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/11/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Noia
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre COLECCION DIPLOMATICA ALTOMEDIEVAL DE GALICIA I (662-1234)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!