📗 Libro en gallego COMANDANTES E FAMILIARES

MAYIMBES II

GALAXIA - 9788411764803

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de COMANDANTES E FAMILIARES

1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado “imprescindible” polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La Galle. Tamén o é para a irmá díscola do Castro Ruz, Juanita. Vive con privilexios na barafunda da revolución triunfante; mais nunca esquece Nova York, capital do mundo. Comandantes e familiares é a continuación de A capital do mundo, nova entrega das novelas de Xavier Alcalá baseadas na epopea da emigración. Escrita man a man coa realidade histórica, documentada, antecede a Tempo de fugas dentro da Triloxía dos Mayimbes.

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788411764803

Idioma: Gallego

Número de páginas: 358

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/07/2025

Año de edición: 2025

Plaza de edición: Vigo
Número: 3
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.9 cm
Peso: 532.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Alcalá


Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
Descubre más sobre Xavier Alcalá
Recibe novedades de Xavier Alcalá directamente en tu email

Opiniones sobre COMANDANTES E FAMILIARES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana