📗 Libro en gallego COMENDO ESPAGUETIS DIANTE DA TELEVISION

XERAIS - 9788483022092

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de COMENDO ESPAGUETIS DIANTE DA TELEVISION

A un novelista presupónselle sentido da observación, capacidade para aprehender o entorno e seleccionar, conscientemente ou non, aquelas pinceladas máis ilustrativas do que quere narrar. A un novelista, tamén, hai que esixirlle capacidade para a fabulación. Que conte o que pasa sen que teña pasado. Que minta con tal certeza que a súa mentira reflicta a realidade mellor que a sucesión mesma dos feitos. Esas habelencias entre a observación e a fabulación, porcentuando ata ese 100 por cen que é o talento, conforman o tecnicamente denominado cubata creativo, tan diferente de sabor dependendo das medidas do combinado. A novela negra, por tradición e devoción, adoita chamar con máis insistencia aos observadores que aos fabulantes. Non é o caso de Santiago Jaureguizar, un arribista, un raro do xénero, un caló nos dominios exclusivos dos payos da negritude. Comendo espaguetis diante da televisión, en caso de ser considerada novela negra, é unha novela negra desapegada da verosimilitude, distanciada do chan como un levitante anxo (negro). Un escritor que comeza a narración buscando o cadáver preceptivo na tumba do Apóstolo Santiago é un pirado ou un xenio. E, en todo caso, un pirado xenial. Estes Espaguetis inauguran, así, un xénero. O jaureguizarismo: dise da fórmula narrativa consistente na violación sistemática de fórmulas, incluído o propio jaureguizarismo. Desde os ismos dos 20, os literatos limitaranse, tan cultos, a experimentar coa incruenta gasosa. Jaureguizar experimenta como os grandes, con pólvora (e magnolias). E o recendo que deixa o seu libro é un indescriptible efluír de flor en guerra. Que tomen nota os académicos, porque este señor se lles vai colar na gran casa pola cheminea.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022092

Idioma: Gallego

Número de páginas: 232
Tiempo de lectura:
5h 29m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Jaureguizar


Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.
Descubre más sobre Jaureguizar
Recibe novedades de Jaureguizar directamente en tu email

Opiniones sobre COMENDO ESPAGUETIS DIANTE DA TELEVISION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana