GALLEGO
CONTOS PARA LEVAR NO PETO
Descatalogado por distribuidor
Actualmente el distribuidor ha dejado de editar este producto pero podemos avisarte por correo electrónico si vuelve a estar disponible. Para esto, introduce tu email y pulsa sobre el botón “Avísame”.
¿Quieres que te avisemos si lo volvemos a recibir?
Sinopsis
Contos para levar no peto é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra o seu centenario. Un libro que recolle catro relatos de lectura engaiolante, ilustrados por Fran Jaraba, que son como un tesouro secreto, pois neles, está toda a maxia que as palabras levan no seu interior.Marilar Aleixandre escribiu ?O Rato de biblioteca e a gaiteira de Marín?, unha historia de carácter ecolóxico que se desenvolve na vila de Marín, logo da construcción dunha fábrica de cartonaxes moi contaminante. Os ratos vivían felices na vila, ignorantes da conspiración que contra eles se preparaba como presuntos causantes dos cheiros e das enfermidades infecciosas que alí se producían. O Rato de biblioteca e unha moza gaiteira de cabelo ó vento axudarán a resolve-lo problema.Fran Alonso escribiu ?Depende de nós?, un intrigante relato sobre os medos e as ameazas que sofre unha rapaza de nome descoñecido. Medos que sabemos se poden vencer bebendo un groliño de batido de cereixas con limón.Xosé Antón Neira Cruz escribiu ?Un agasallo inesperado?, unha homenaxe ó relato da fábrica de chocolate de Roald Dahl. Marcos atopou un billetiño prateado dentro dunha caixa de bombóns; aquel papeliño leva encerrado un número de catro cifras, un premio que deberá recoller na fábrica de chocolate, situada ás aforas da cidade. Alí agárdao un agasallo totalmente inesperado.Antonio Reigosa escribiu ?Aire de sumidoiro?, un divertidísimo conto dunha cidade na que se acomete unha loita implacable contra a sucidade e o lixo. Os cidadáns elixiron como alcalde a Osiris Xuño Soaserra, un home totalmente obsesionado pola limpeza, que prometeu que de saír elixido precisaría de só vinteún días para poñe-la cidade aseada e relucente como para comer no chan. E abofé que o consegue.
Ficha Técnica
Ilustrador: Fran Jaraba
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483026113
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 10 a 12 años
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/05/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Recibe novedades de María Pilar Jiménez Aleixandre directamente en tu email
Reseñas sobre CONTOS PARA LEVAR NO PETO
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos esta semana