Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que non se vexa con Carlos, o mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria. Os episodios vividos alí non darán para mudar a cor da súa vida, mais si para se desapegar un chisco da tristeza que lle provocan os conflitos domésticos e para abrirlle unha porta á esperanza.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Tambre (Edelvives)
ISBN: 9788496772595
Idioma: Castellano
Número de páginas: 116
Tiempo de lectura:
2h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/09/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
Catavento
Catavento
Número: 21
Alto: 21.5 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.