Sinopsis de CURROS & HOLMES NO MISTERIO D O KAPITAL
Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito.Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso e cultura, empregarán todas as súas habelencias para resolver este misterio que os levara, nunha apaixonante aventura, polas perigosas e misteriosas rúas do Londres vitoriano.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491518020
Idioma: Gallego
Número de páginas: 122
Tiempo de lectura:
2h 49m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/03/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Varios
Varios
Número: 154
Alto: 13.5 cm
Ancho: 21.0 cm
Peso: 169.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Marcos Calveiro
Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís "Sari soñador de mares" (2006) e "Rinocerontes e quimeras" (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por "O carteiro de Bagdad", novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por "O canto dos peixes" (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela "O pintor do sombreiro de malvas" (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por "Palabras de auga" (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou "Unha casiña branca" (Xerais, 2015). En 2011 publicou "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso" (Xerais 2011) e "Centauros do norte" (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía "El samurai del rey" (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: "Festina lente" (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e "Setteccento" (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas "Todos somos" (Xerais 2013), "As palabras poden matar" (Xerais 2015) e "Todos fomos" (Xerais 2021). Como poeta publicou "Cartas do terceiro día" (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter @calveiro