📗 Libro en gallego DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967

ANGEL DE LA PEÑA, JENARO MARIÑAS DE VALLE y Xohana Torres

Editorial Galaxia, S.A. - 9788411764841

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é Dar voz ao teatro galego o premio castelao de teatro 1964-1967, cunha introdución Cristina Domínguez Dapena. A Agrupación Cultural O Galo, a primeira asociación cultural da época legalmente constituída, impulsou en 1964 unha importante iniciativa: a convocatoria do primeiro Premio Castelao de Teatro Galego. Na súa primeira convocatoria o premio recaeu na peza Cando morren os farois, de Ángel de la Peña, un coñecido locutor da compostelá Radio Galicia, obra inédita ata a actualidade. Na súa segunda edición o premio foi concedido a Jenaro Mariñas del pola peza A revolta, e na seguinte, a do ano 1966, o premio foi declarado deserto. Na derradeira edición, a de 1967, a obra gañadora foi a peza de Xohana Torres, Un hotel de primeira sobre o río. Estas dúas obras foron publicadas no seu intre pola editorial Galaxia. O que van ler neste volume son, polo tanto, tres pezas de teatro creadas cunha clara vontade de contribuír á lingua e á cultura galegas, escritas con traballo, ilusión, compromiso e respecto. As tres persoas autoras compartían un fondo compromiso co teatro, aínda que cada unha o abordase desde unha perspectiva diferente.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411764841

Idioma: Gallego

Número de páginas: 348

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/09/2025

Año de edición: 2025

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Biblioteca 75 anos

Número: 7
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 557.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana