📗 Libro en gallego DENTRO DA ILLA (PREMIO BLANCO AMOR 2004)

Editorial Galaxia, S.A.- 9788482887968

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DENTRO DA ILLA (PREMIO BLANCO AMOR 2004)

Unha xeira máis, o Premio Blanco Amor confirma a atención que lles presta ás novas correntes da narrativa, o seu papel fundamental para dar a coñecer novos escritores e escritoras, ao lle conceder o galardón do ano 2004 á novela Dentro da illa de Dolores Ruíz. Unha obra e unha autora que representan a seiva fresca das últimas xeracións de mulleres que se están a incorporar a literatura galega.
Organizado polo Concello de Porto do Son, o Premio Blanco Amor do ano 2004 foi outorgado a unha novela herdeira das historias de misterio e suspense, escrita, ademáis, co poder evocador da poesía e coa forza dos símbolos. Dolores Ruíz conta en Dentro da illa a historia de Frida, que aparece espida e sen lembranzas na praia dunha illa afastada e descoñecida. A novela descobre pouco a pouco a historia dos habitantes dunha terra na que cada quen garda un segredo inconfesable.
Unha novela intensa e subxugante, escrita na procura das claves da estraña relación entre o egoísmo e o amor. Dolores Ruíz constrúe un universo no que prevalecen as leis dos sentimentos e das emocións. Frida, a protagonista, vaise descubrir a si mesma consonte desvela o enigma que envolve a esixencia naquel lugar afastado. Cunha atmosfera que lembra, por unha banda, a obra de Emily Brontë, e por outra, se emparenta co máis inquedante das narracións de Kafka, a novela gañadora do Blanco Amor no 2004 engaiola porque logra sacar á superficie moitos dos sentimentos ocultos que todo ser humano garda no seu interior.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482887968

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/04/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Número: 216
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por DOLORES RUIZ


Descubre más sobre DOLORES RUIZ
Recibe novedades de DOLORES RUIZ directamente en tu email

Opiniones sobre DENTRO DA ILLA (PREMIO BLANCO AMOR 2004)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana