DESFEITA

XERAIS - 9788475072937

Sinopsis de DESFEITA

Ó subtitula-la presente obra coa palabra semirreportaxe, se cadra Camilo Gonsar maniféstano-lo seguinte: o argumento quere consistir, efectivamente, nunha reportaxe, aquilo que tenciona o personaxe que fala en primeira persoa, unha reportaxe na súa vila sobre un episodio da guerra civíl; pero tal obxetivo ficará falido, pois a resposta á cuestión quen matou ó Perito de Guitián mal pode ser dada por aqueles que non queren nin oír falar do tempo pasado do 36, sen dúbida interesadamente. De aí a denominación semirreportaxe, isto é, reportaxe que só chega á metade, que non consegue o que realmente pretende. Ocorre non obstante, que desde o momento -esclarecedor e rotundo acto simbólico- en que o reporteiro esquece o magnetofón na casa do semi-esperpéntico Dr. Zhivago, unha realidade superior acaba de imporse: a do presente, a realidade dolorosa que, de maneira patética e con trazo seguro, o escritor nos ha revelar esa tarde e esa parte da noita nas que o despropósito e mailo absurdo serán de novo lugar común das nosas vilas, no caso de se producir nelas algún suceso imprevisto.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475072937

Número de páginas: 184

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 1987

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Narrativa

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Camilo Gonsar


Descubre más sobre Camilo Gonsar
Recibe novedades de Camilo Gonsar directamente en tu email

Opiniones sobre DESFEITA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana