Destrucción é a historia dun episodio de dominación e humillación, longo e prolongado como a vida mesma. E ao mesmo tempo, e sobre todo, Destrucción é unha historia de rebelión e de vinganza, dun brutal axuste de contas ante tanta humillación; un axuste de contas que a protagonista, Felisa, se encarga de executar.Xavier López Rodríguez constrúe aquí unha novela chea de tensión, moderna, que descubre as súas cartas desde o principio e que atrapa ao lector ata o remate. Destrucción conta unha historia chea de crueza, espida, fondamente arraigada na cultura popular e na sociedade máis tradicional, que, desde a Galicia profunda onde está amibientada, proxecta un tema de extremada actualidade: os malos tratos.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497820462
Idioma: Gallego
Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/10/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Vigo
Peso: 220.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.