Xavier López Rodríguez, xornalista de profesión, é unha das novas plumas da narrativa galega para xoves da década dos noventa. Autor de títulos como O anano enredador, A citación e Coma unha pluma liviá, inicia a súa andaina na colección de narrativa xuvenil de Xerais, Fóra de Xogo, cun texto sorprendente e pouco usual: Días de desterro. Días de desterro é unha novela breve, que en a penas noventa intensas páxinas, redactadas en forma de quince cartas, narra unha historia turbulenta, un pasado de droga e delicuencia que a xustiza non lle deixa esquecer ó protagonista. Un xove de vintedous anos, ex-heroínomano e enfermo de SIDA, vese obrigado a fuxir da cidade para evitar entrar na cadea por un atraco que cometeu hai catro anos. O encontro inesperado co mundo rural permitiralle coñecer unha sociedade chea de vellos onde as cousas parecen máis sinxelas e os praceres e as relacións humanas, quizais, máis auténticas. Días de desterro é unha novela que atrapa ó lector desde a primeira páxina e que formula múltiples interrogantes sobre a problemática actual da mocidade urbana: a droga, a SIDA, o desemprego...Vivimos entre a sociedade urbana que afoga ós xoves e a sociedade rural onde os maiores manteñen a identidade que nos une. Conflicto e identidade de moitos dos mozos galegos de hoxe. Unha novela comprometida e polémica que promoverá un grande debate entre os lectores.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020029
Idioma: Gallego
Número de páginas: 51
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Fora de Xogo
Fora de Xogo
Número: 12
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.