Sinopsis de DIAS NEGROS: CRONICA LUTUOSA DALGUNS DOS FEITOS QUE ENCHERON DE MORTE O SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ATE 1936
As vitorias e os triunfos adoitan crear sentimentos de integración entre os colectivos humanos; pero son, sen dúbida, os dramas e as derrotas os que conforman os máis profundos vínculos de solidariedade. Moitos son os momentos nos que o drama se abateu sobre a nosa bisbarra, e moitas foron as respostas solidarias das súas xentes á hora de encaralos. O que somos hoxe como sociedade ten moito que ver con isto.