Sinopsis de DICCIONARIO TECNOLOXICO DE ELECTRICIDADE E ELECTRONICA ILUSTRADO
A normalización lingüística dun país soamente se poderá alcanzar cando se fale e se escriba na súa lingua propia en tódolos campos do saber. Non abonda que se empregue na vida cotiá, nas transaccións comerciais, na literatura, na arte, na historia, na xeografía... A lingua ten que ser empregada en tódolos eidos: na xustiza, na medicina, na técnica, etc.A idea, fondamente arraigada entre os técnicos, da inutilidade deste empeño debido á colonización doutros idiomas –o inglés fundamentalmente- non é válida por unha razón moi sinxela: atópanse na mesma situación idiomas como o castelán, o catalán, o portugués, o francés, etc., nos que a incorporación de termos ingleses é moi grande e, sen embargo, son idiomas empregados na técnica.A tecnoloxía –as tecnoloxías- en Galicia deben expresarse en galego, se ben é certo que non se poden pechar os ollos á realidade que supón a necesidade de incorporar termos foráneos universalmente empregados. Se non se incorporan estes termos á nosa lingua córrese o risco de facer do galego un idioma de uso case exclusivamente testemuñal.