Un dos libros fundamentais da obra poética de Novoneyra nunha nova edición, ilustrada con fotos e acompañada dun CD onde o autor recita moitos dos poemas do libro, entre eles "Vietnam canto" e "Letanía de Galicia". A forza telúrica das montañas do Courel, o vencello do poeta coa terra, o seu compromiso coa cultura galega e cos pobos do mundo na voz inesquecible de Novoneyra.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498652710
Idioma: Gallego
Número de páginas: 136
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 05/04/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Varios
Varios
Número: 75
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 Santiago de Compostela, 1999) é un dos grandes nomes da poesía galega contemporánea. Desde a publicación do seu libro Os Eidos en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega. Ademais dese libro, o seu corpus literario componse dos seguintes poemarios: Elegías del Caurel y otros poemas (ed. bilingüe, 1966), Os Eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os Eidos. Libro do Courel (Xerais 1981, 2010), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela. 1956-86 (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Poema dos Caneiros (1998) e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999). Así mesmo, é coautor dos libros Camelio xaponés (1995) e Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes (1999). A súa visión da poesía e da súa propia obra déunola en Dos soños teimosos (1998, Xerais 2010). Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: No cubil do xabarín (1991), Gorgorín e cabezón (1992) e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).