Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Autor de monografías coma As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa (1993) e O medioambiente: do control da emisión á incerteza do risco (2000). Obtivo o Premio da Crítica de Galicia en investigación no ano 1997.