leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ELISA E MARCELA: AMIGAS E AMANTES (GAL)

Amigas e amantes

Edicións Xerais - 9788491214922

Biografías Biografías históricas de España

Sinopsis de ELISA E MARCELA: AMIGAS E AMANTES (GAL)

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214922

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216
Tiempo de lectura:
5h 5m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/03/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 482.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por NARCISO DE GABRIEL


Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019), Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés (Editorial Galaxia, 2021) e Os mestres mortos daquel verán (Editorial Galaxia, 2023). Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.
Descubre más sobre NARCISO DE GABRIEL
Recibe novedades de NARCISO DE GABRIEL directamente en tu email

Opiniones sobre ELISA E MARCELA: AMIGAS E AMANTES (GAL)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana