📗 Libro en gallego ENDEREZO DESCOÑECIDO

Edicións Xerais - 9788483027646

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ENDEREZO DESCOÑECIDO

Esta novela, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os 2 personaxes, amigos e socios dunha galería de arte en California.Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma. Despois de ser traducida a múltiples linguas euroepas, Xerais ofrécea dentro da súa colección Narrativa en traducción de Emma Lázare Rodríguez.Cando Enderezo descoñecido se publicou por 1ª vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán.Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos m&#

Ficha técnica


Traductor: Emma Lázare

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483027646

Idioma: Gallego

Número de páginas: 72
Tiempo de lectura:
1h 37m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/02/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 132.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Kressmann Taylor


Kressmann Taylor
Kathrine Kressmann Taylor (Portland, Oregón, 1903 - Condado de Hennepin, Minnesota, 1996) estudou na Universidade de Oregón e traballou en publicidade. A finais dos anos corenta comezou a dar clases de Xornalismo e Escritura Creativa no Gettysburg College, ata que se xubilou en 1966 e se mudou a Florencia. É coñecida en todo o mundo por "Enderezo descoñecido", publicada en 1938 en Nova York co pseudónimo de Kressmann Taylor. O libro axiña saltou ao panorama internacional, foi traducido a numerosos idiomas, pero pola súa temática foi prohibido en Alemaña. Foi levado ao cine en 1994 e reeditado en 1995 con ocasión do cincuenta aniversario da liberación dos campos de exterminio, converténdose nun éxito de vendas. Entre as súas obras destaca tamén "Día sen retorno".
Descubre más sobre Kressmann Taylor
Recibe novedades de Kressmann Taylor directamente en tu email

Opiniones sobre ENDEREZO DESCOÑECIDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana