GALLEGO

ESPAÑA A EUROPA: DO FRANQUISMO AO EURO

Do franquismo ao euro

(0)
No disponible

¿Quieres que te avisemos si lo volvemos a recibir?

Sinopsis

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que é España.
O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027462

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248

Tiempo de lectura: 5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/02/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Alto: 23.3 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 430.0 gr

Especificaciones del producto

Escrito por Luis Domínguez Castro

Descubre más sobre Luis Domínguez Castro

Recibe novedades de Luis Domínguez Castro directamente en tu email

Reseñas sobre ESPAÑA A EUROPA: DO FRANQUISMO AO EURO

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los libros más vendidos esta semana