Contar unha historia ten o engado e o feitizo da descuberta, é como a revelación dunha vida secreta. O insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible... É o poder da literatura. Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), autor da novela As voces da noticia (Premio Blanco Amor 2002), introdúcenos no misterio dun personaxe engaiolante. Dos anos universitarios ao devalo das ilusións, da mocidade á vida familiar, a través da conversa de dous amigos. A novela tece e destece o fío dunha existencia. Ler Esta historia é volvela a vivir.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482889108
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Tiempo de lectura:
4h 42m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/04/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Monteagudo
Xosé Monteagudo (Moraña, 1965) é autor de varias novelas, amplamente celebradas por crítica e público. A súa primeira obra, «As voces da noticia», obtivo o premio Blanco Amor en 2002. Posteriormente publicou «Esta historia» (2006), «Un tipo listo» (Premio García Barros, 2009), «O curioso mundo das persoas normais» (2012), «Todo canto fomos» (2016), «Eternity» (Premio Repsol de Narrativa Breve, 2021) e «Vémonos mañá» (Xerais, 2023). «Todo canto fomos», foi recoñecida en 2017 co Premio San Clemente e co Premio Gala do Libro Galego, converténdose nunha das novelas de maior éxito da literatura galega recente. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán. Ademais da súa actividade como novelista, tamén imparte cursos e obradoiros de narrativa e dirixe o Club de Escritura da Fundación Euseino?.