leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego FABULA DAS AVES

LAIOVENTO - 9788484874621

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de FABULA DAS AVES

“Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela. A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar”constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de“poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentid...

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484874621

Idioma: Gallego

Número de páginas: 130

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 02/12/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 8

Especificaciones del producto



Escrito por MANUEL FORCADELA


Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.
Descubre más sobre MANUEL FORCADELA
Recibe novedades de MANUEL FORCADELA directamente en tu email

Opiniones sobre FABULA DAS AVES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana