Sinopsis de FANI & SUPER DANI 3. ESTÁN TOLOS ESTES MARCIANOS! AVENTURA NO CENTRO COMERCIAL (GAL)
No VOLUME 3 Vilamán amañece cuberta por unha ernome nave con forma de prato voador. Que quererán eses seres de nós? Dominar a Terra? Acabar coa raza humana? Ou, simplemente, ser os mellores cociñeiros de tortillas da Galaxia? No VOLUME 4 Cando parecía que a inauguración do novo centro comercial ía ser o acontecemento máis importante en Vilamán, un vilán escapa da pantalla do cine co propósito de impedir a celebración. Poderán Fani e SuperDani poñer fin ás súas malas intencións
Ficha técnica
Ilustrador: Ignacio Hernández
Editorial: Triqueta Verde, Slu
ISBN: 9788412221411
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/06/2024
Año de edición: 2024
Colección:
FANI&SUPERDANI
FANI&SUPERDANI
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón D. Veiga
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023) e «Maios e desmaios (Xerais, 2025)». Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta». En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025). Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024). Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022). Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.