Figuras da Nación reúne doce ensaios relativos, case todos, á historia cultural e política de Galicia. A evolución do pensamento de sinalados devanceiros da nosa cultura preside moitas das pasaxes deste libro, pero a súa análise faise reparando no contexto económico, social e ideolóxico que lles tocou vivir. Unha presada de estudos sobre o tempo e as obras de galeguistas tan sobranceiros como Daniel Alfonso Castelao, Antón Losada Diéguez, Lois Peña Novo ou Antón Villar Ponte serven para enxergar a identidade da nación dos galegos, que é igualmente considerada á luz das súas relacións con Portugal no dealbar do presente século. O papel da historia, como disciplina científica e como contribución á cultura propia, é recreado na demorada análise da producción historiográfica de A. López Ferreiro, X. Ferro Couselo ou Manuel Colmeiro. As variables culturais, económicas e sociais que concorren o fenómeno migratorio constitúen o terceiro nó de interese de Figuras da Nación; onde se desvelan as complexas relacións que median entre a emigración americana e as transformacións socioeconómicas e culturais da Galicia do primeiro tercio do século XX. Unha ducia de ensaios para pensar os logros colectivos da nosa nación da man de senlleiras figuras que desfílan, polas súas páxinas, arroupadas co fardel da historia toda da Galicia do seu tempo.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020661
Idioma: Gallego
Número de páginas: 288
Tiempo de lectura:
6h 50m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Peso: 297.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Villares
Ramón Villares es uno de los historiadores e intelectuales gallegos más relevantes de los últimos lustros. Es catedrático de Historia Contemporánea en la Universidad de Santiago de Compostela, donde fue decano de la Facultad de Geografía e Historia, y posteriormente rector. Es miembro de número de la Real Academia Gallega y Correspondiente de la Real Academia de Buenas Letras de Barcelona. Presidente del Consello da Cultura Galega entre 2006 y 2018, es miembro fundador de la Asociación Española de Historia Contemporánea, que presidió entre 1996 y 2002. De entre su amplia obra historiográfica destacan: Identidade e afectos patrios (2017), Historia de Galicia (2016), Fuga e retorno de Adrián Solovio (2018) y Terre de Galice. Histoire d’un finistère européen (2019). Dirigió junto a Josep Fontana los doce volúmenes de la Historia de España de editorial Crítica/Marcial Pons. En 2019 publicó con Pasado & Presente Galicia. Una nación entre dos mundos.