Un percorrido por tempos e paisaxes do pasado, no que a tradición e a contemporaneidade van collidas da man.Publicado na plataforma de Galaxia para a creación literaria de autores noveis, este é primeiro libro de Xerardo Quintiá, un novo escritor prometedor das terras luguesas. Nel fainos partícipe dun percorrido suxestivo e vertixinoso por tempos pasados e paisaxes vivas na lembranza, nunha viaxe amena por unha Galicia caracterizada polo choque dunha cultura tradicional coa contemporaneidade da aldea global. É o conto dun neno labrego nacido nos anos 70, para o que a vaca Gallarda e os Picapedra forman parte do mesmo mundo. Máis alá de calquera neo-enxebrismo, esta novela constitúe un bo exemplo dunha literatura arraigada na autoestima e no orgullo polo propio en conxunción con temas universais.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482881669
Número de páginas: 124
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/1998
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Es
Número: 53
Especificaciones del producto
Escrito por Xerardo Quintiá
Xerardo Quintiá (Friol, 1970) é poeta e narrador. Como autor de literatura infantil publicou «A verdadeira historia do burro Feldespato (2003), «Ke-Tumba Ke-Tamba» (2006), «Titiritesa» (2007), obra traducida ao castelán, francés, portugués, inglés e éuscaro, «O país do gran furado» (2019), Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, e «O corazón dos paxaros» (Xerais, 2023).