📗 Libro en gallego FONTAN

(1)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498656466

(1)
Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de FONTAN

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498656466

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/10/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 341
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 307.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Marcos Calveiro


Marcos Calveiro
Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís "Sari soñador de mares" (2006) e "Rinocerontes e quimeras" (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por "O carteiro de Bagdad", novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por "O canto dos peixes" (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela "O pintor do sombreiro de malvas" (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por "Palabras de auga" (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou "Unha casiña branca" (Xerais, 2015). En 2011 publicou "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso" (Xerais 2011) e "Centauros do norte" (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía "El samurai del rey" (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: "Festina lente" (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e "Setteccento" (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas "Todos somos" (Xerais 2013), "As palabras poden matar" (Xerais 2015) e "Todos fomos" (Xerais 2021). Como poeta publicou "Cartas do terceiro día" (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter @calveiro
Descubre más sobre Marcos Calveiro
Recibe novedades de Marcos Calveiro directamente en tu email

Opiniones sobre FONTAN


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(1) comentario

5/5

(1)

(0)

(0)

(0)

(0)


Ordenar por:

1 opiniones de usuarios


FRANCISCO JOSÉ

21/02/2017

Tapa blanda

Ex-ce-len-te, do mellor que teño lido. Parabéns Marcos


Ver todas las opiniones (1)

Los libros más vendidos esta semana