Sinopsis de FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos&Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos&Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491215158
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/04/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 139.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xerardo Quintiá
Xerardo Quintiá (Friol, 1970) é poeta e narrador. Como autor de literatura infantil publicou «A verdadeira historia do burro Feldespato (2003), «Ke-Tumba Ke-Tamba» (2006), «Titiritesa» (2007), obra traducida ao castelán, francés, portugués, inglés e éuscaro, «O país do gran furado» (2019), Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, e «O corazón dos paxaros» (Xerais, 2023).