Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos.O primeiro de maio en Vigo, un lingüista sabio en Compostela, a unidade sindical, as liortas do futbol, a economía sumerxida na confección, a memoria dos devanceiros, o alcalde de Lugo, cregos, xornalistas, estudiantes, pescadores nas Malvinas, corvos mensaxeiros e algunha meiga veñen e van por estas páxinas cun ritmo trepidante e a imaxinación desbocada.Os antigos príncipes ou señores da cabalería saían ós camiños a ver mundo e a iniciarse na vida. Así fai tamén Fortunato, que deixa o seu Cuspedriños secreto e anda o país identificando ós seus, habitantes misteriosos dun pobo misterioso.Velaquí unha historia fundamentalmente divertida, un divertimento que confirma no xénero da novela a quen todos recoñecen como un dos nos os primeiros poetas.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475075266
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Narrativa
Narrativa
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.