Á vista da leitura dos ensaios sarmentianos, en que o autor amosa unha fonda sinceridade e implicación da súa persoa en todo o que argumenta, entendemos que estamos perante un lúcido representante da Ilustración, rigoroso e valente á hora de desenvolver por escrito ad futurum o que a propia conciencia lle ditaba, aínda que fose a contracorrente do pensamento oficial e malia o carácter demodé das súas paixóns: a etimoloxía, a educación dos máis novos e a situación da marxinalidade da lingua galega, auspiciada desde o poder central.
A este última, omnipresente no conxunto da súa obra, dedicarémoslle neste traballo unha moi especial atención por considerarmos que moitas actitudes, reflexións e propostas referidas á situación do idioma galego, malia teren transcorrido máis de douscentos anos do seu pasamento, continúan a estar de desgrazada actualidade
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484870067
Número de páginas: 113
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/03/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 158
Especificaciones del producto
Escrito por Mercedes Queixas Zas
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.