Mercedes Queixas Zas


Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Recibe novedades de MERCEDES QUEIXAS ZAS directamente en tu email
Del 1 al 9 de 9
LABREGO CON ALGO DE POETA. BIOGRAFIA DE MANUEL MARIA

Editorial Galaxia, S.A. 9788498656763


VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETIBEL. BIOGRAFIA DE Mª DO CARME KRUKEN BERG

Editorial Galaxia, S.A. 9788498653588


BREVE HISTORIA DA LITERATURA GALEGA

A NOSA TERRA 9788489976740


OS TROBADORES DO REINO DE GALIZA: MARTIN CODAX, MENDIÑO, XOAN DEC ANGAS

A NOSA TERRA 9788489976085


HISTORIA XERAL DA LITERATURA GALEGA

A NOSA TERRA 9788495350794


FREI MARTIN SARMIENTO

LAIOVENTO 9788484870067


RAMON PIÑEIRO A EXPRESION CULTURAL DUNHA ESTRAXIA POLITICA

LAIOVENTO 9788484871545


LOIS PEREIRO. A URXENCIA POETICA DUN FUTURO ALLEO

LAIOVENTO 9788484872054


DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL

Edicións Xerais 9788499149837

Ver más ediciones

Del 1 al 9 de 9