Escribe Jaureguizar nese espacio que chamamos «A obra e o autor» ó remate do libro: «Fridom spik vai da maior parte da xente que vive neste Estado de Ánimo, deste país inconsciente de si mesmo». Entre o rock e o terror ó paro, os habitantes do antiparaíso rururbano galego, compórtanse como se fosen descendentes de vellas tribos de Norteamérica, Australia ou Canadá. Nesa terra de ninguén os mozos ven a vaca pacer mentres falan por teléfono dixital GSM (vía satélite) e o tractor agarda no patio co motor encendido. Velaí o encontro da tradición e a modernidade: o vello televisor Kolster deitado nunha leira. Fundas e botas de goma, erguerse co día, o teu vello quere que fagas FP, pola noite a macrodiscoteca e videos americanos e winston e música bacallau. Temos a impresión de que os personaxes de Jaureguizar están atrapados nun buraco negro e a forza de gravidade, capaz de impedir a fuga da luz, non vai ser menos dura con eles. Fridom spik, dío así o propio Jaureguizar, «é literatura postcacique �porque este cambiou de formas e a narrativa debe ir no taxi que segue a ese coche� e será a miña primeira incursión na «literatura bravú».
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079318
Número de páginas: 77
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ferros
Ferros
Número: 000007
Especificaciones del producto
Escrito por Jaureguizar
Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.