Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro. Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapa deitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistencia galeguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das 'Cantigas' é testemuño perenne.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411762021
Idioma: Gallego
Número de páginas: 158
Tiempo de lectura:
3h 41m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/04/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 127
Alto: 23.1 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 285.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!