Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celerico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxenea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", e fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que e a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita e a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW e profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emerito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) e profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que e director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) e director do Centro de Estudos Europeos do King¿s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrátic